Sunday 05 de May de 2024

Aberta en horario de tarde a exposición sobre os 20 anos do filme O bosque animado na Casa Mariñeira pobrense


A Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal alberga dende inicios do mes de abril unha exposición sobre o filme O bosque animado. Sentira-la súa maxia, que impulsa a Deputación da Coruña e que chega á localidade coa colaboración da Concellaría da Normalización Lingüística, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG).

A dita mostra permanecerá nas instalación municipais ata o día 28 de abril e pódese visitar dende hoxe mesmo tamén en horario de tarde: concretamente, dende as 17.00 ata as 20.00 horas.

Componse dunha serie de paneis con debuxos e textos explicativos sobre o proceso de elaboración desta cinta e materiais orixinais que en 2021 celebrou os vinte anos da súa estrea, que tivo lugar no 3 de agosto de 2001 na Coruña. A longametraxe é unha adaptación libre da novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez e eríxese como a primeira película de animación integramente en 3D producida fóra dos Estados Unidos e feita en galego por parte de Dygra Films.